«Todas as comodidades hai que pagalas. A condición de animal doméstico trae consigo a condición de animal de matadoiro».
Ernst Jünger, La emboscadura
«É un tópico afirmar que a máquina substitúe o home, mais, en realidade, substitúeo moito máis do que se cre».
Jacques Ellul, La edad de la técnica
A magnitude do desastre era proporcional á euforia da masa. Un remuíño de corpos humanos e semihumanos, envilecido e enfurecido na súa ignorancia, destrúe todo canto atopa ao seu paso. Observas como a cabeza da Venus de Milo cae contra o chan e un fragmento che bate no rostro, deixando tras de si un murmurio que di: «O rostro hierático que ves é o rostro dun mundo que xa non existe e ao que xa non pertences; a lingua que falei xa non serve, os lugares que coñecín son descoñecidos, as raíces foron arrincadas, o sagrado caeu no esquecemento. Eres unha ruína máis na paisaxe».
Na procura de refuxio, apóiaste nunha columna e pensas: a Era da Abundancia trouxo a escaseza das Virtudes, cidades e vilas uniformes, apátridas, posibilidades infinitas que sempre son as mesmas.
Espertas bañado en suor. O sinal sonoro da pantalla ordénache revisar o armario 47 do corredor 75 por mor dun posible erro. Saes da cápsula e camiñas polos longos corredores na escuridade, apenas iluminada polos escintileos e o pestanexo dos cables; atordoado, balbuceas que Virxilio está morto e esquecido, que xa non tes guía para saír de alí.
Unha fenda fina atravesa o centro do cristal do armario 47 do corredor 75. Un foco acéndese brevemente e ves a túa cara deformada no cristal; sorrís.
Embóscate. Enche os oídos de cera. Átate ao mastro.
Que fixemos?
Eventos, exposicións e curadorías de Que Facemos!?, do máis recente ao máis antigo: desde os Maside Classy Days, antes de constituír a asociación, ata hoxe. Todo o que Sutan asinou como curador fíxose tamén como Que Facemos!?.
2025
-
SPARK
Curadoría do Faro en colaboración con Infinite Ink para Art on Tezos: Berlín. A.L. Crego, Anna Malina, Bezmiar, Ceren Su, goldcat, cemhah + Murphy James, Kerim Safa. Obras abertas, á espera: nada existe por completo ata que a atención, o xesto ou o azar o fan visible. Powered by Tezos.
Schlachter 151 · Berlín
-
Cuchillo y Espada · curadoría do Faro para Esmorga Fest
Vídeos de Hannah Polza, Angie Taylor, Ina Vare, Violet Bond, 1mpo$ter e Lorna Mills na Sociedad Cultural «La Unión»; Tom Lauerman e Marcelo Pinel (Herakles) na Sala Litmar; tamén 6elatin. «A historia escríbena as espadas, pero a realidade perfórana os coitelos.» Powered by Tezos.
Sociedad Cultural «La Unión» e Sala Litmar · Sarria
-
PHŌS_ Nuestro Fuego · curadoría do Faro para NXT Festival
agoston nagy / 0xstc (con Piero e EditArt), Agoria e Johan Lescure, A.L. Crego, cruel, dist.cs, ex_mortal, Joëlle Snaith, Kim Asendorf, Philip H. Bell, Psychofuturist, Salawaki, Unruly Unroll, V5MT. Apertura con Partition de Unruly Unroll; Psychofuturist na pantalla e Pional aos pratos. A pantalla LED convertida en fogueira contemporánea. Powered by Tezos.
Centro Andaluz de Arte Contemporáneo (CAAC), Monasterio de la Cartuja · Sevilla
-
Na Xanela · FORA SEDE de TST1_Trienal Sarria «Arquipélago Interior»
Trece proxeccións nocturnas e máis de vinte obras, moitas comisionadas en exclusiva e en primicia, de dist.cs (Turquía), goldcat (Alemaña), hAyDiRoKeT (Alemaña), Hoxid (Turquía), MEK (Indonesia), Strano (Canadá) e Sutu (EE. UU.), cada noite de 22:30 a 03:00. A ventá como limiar entre o privado e o público; a imaxe que aparece onde non debería, xusto cando deixaras de mirar. Primeira manifestación física do Faro. Coa Trienal organizada por HuHú, o Concello de Sarria (cesión da Casa do Marqués), Luis Taboada, María Jesús e Lisardo (cesión dos escaparates), Limpiezas Isabel e o apoio de Tezos.
Casa do Marqués (CIS), Matías López 53 e Rúa da Liberdade 118 · Sarria
-
Xuñ. 2025
The Lighthouse / El Faro
Nace a galería en liña de Que Facemos!? para propagar e apoiar a arte dixital. «O Faro de sempre, con novas luces.»
En liña
-
Echoes of Light · Non Fungible Conference
Curadoría de XCOLLABZ dirixida por Leo Shank coa colaboración de Sutan; produción e traballo técnico de Que Facemos!?. Unha galería-contedor sen marcos nin obxectos, só luz proxectada: A.L. Crego, Arya Bima, Baiwei, Bárbara Bezina, cemhah, Chris Follows, Erythric, goldcat, Hoxid, Jakestudyos, KX, Lescogumelos, Marcelo Pinel, Morho, Nico Arbogast, Nurart, OMGiDRAWEDit, PerfectLoop, Saeko Ehara, Sepimnft, Somfay, Sutu, Tania Rivilis, Udit Mahajan, Victor Doval, The Mess. Co apoio de Tezos e Objkt.
Non Fungible Conference · Lisboa
-
INSILIO: Inner Sanctuary
A.L. Crego, cemhah, Spøgelsesmaskinen, Yudho. Mostra inaugural da galería Cyberforms, dentro de NFT Paris. Deseño do espazo de Ramón López González (Raez) con OLT.Lab. Exilio sen movemento; retirada sen fuxida. Powered by Tezos.
Grande Halle de la Villette · París
-
Inverno 2024–25
Que Facemos!? no Casino · sesións con arte en pantalla
Lois con arte de Noper (colección Natural Order); jor ginho con arte de Kerim Safa.
O Casino · Sarria
2024
-
Dec. 2024
Festa do primeiro bloque expositivo da Trienal Sarria
Performance de Toño de López con Sutan × jor ginho.
Sede da Trienal, antiga Feculera · Sarria
-
DA TERRA
Aitso, Arsiliath, Bosquegracias, Claudia Brăileanu, Diane Drubay, Manuel Lariño, Simulacro, Toño de López, Violet Bond. Presentada por Que Facemos!? e $POLE coa asociación HuHú, tres fins de semana. Apertura con curtas sobre Bosquegracias e Manuel Lariño, conversa de Manuel Lariño e Sutan sobre novos medios e sesión de Hidden Raposo.
A Sede_Núcleo Difusor da Arte Contemporánea · Sarria
-
Ribela Love & Nature · terceira edición
Coa asociación Ribela e $POLE. Máis de 100 obras de 40 artistas visuais (Kim Asendorf con Monogrid, Andreas Gysin con HEX e smoothsteps, A.L. Crego, Anna Malina, Bruno Baw, Cem H, Ceren Su, Diane Drubay, Hoxid, Ina Vare, Loackme, Omgidrawedit, PerfectLoop, Purz, Salawaki, Somfay, Toño de López, Xer0x…). Música: Identified Patient, Eduardo de la Calle, Alicia Carrera, Bawrut, Cemento Musgo, Promising/Youngster, R0B0T CITY, Violet, Sutan + A.L. Crego (live A/V). Curadoría sonora de jor ginho; dirección de arte de Sutan. Un museo efémero repartido pola ribeira. Apoios da Deputación de Lugo, do Concello de Sarria e de Tezos.
Ponte romana de Ribela · Sarria
-
Mar. 2024
Art Beats
Sabato, KurtHustle Collective, Nico Arbogast, S0mfay. Organiza XCollabZ, co apoio de $POLE; Sutan, curador e técnico.
Palacio de Tancos · Lisboa
2023
-
PANOPTICON
12 artistas: 1MPO$TER, A.L. Crego, Slava3NGL, Hoxid, 0x3y3, Anxo Vizcaíno, Düzen, Kate the Cursed, Olga Fedorova, Ganchitecture, Gary Cartlidge, INA Vare. Curadoría de Sutan para Objkt One, presentada por Que Facemos!? coa Área de Cultura do Concello de Lugo, na segunda cadea panóptica de España. O 18.11 viaxou ao Bar Xarope de Sarria.
O Vello Cárcere · Lugo
-
NFT Show Europe ’23 · Sutan, director de arte
Exposicións: Digital Nostalgia (Kerim Safa, p1xelfool, Nicolas Sassoon, Ina Vare, Spøgelsesmaskinen); Artificial Lifeforms: An Ode to Nature (Agoria, Arsiliath, Qubibi); Ilusiones Arbóreas, con Zancan (A.L. Crego, Helena Sarin, Presstube, Arsiliath, Zancan), con Objkt.com e doazón á ONG AMUFOR tras os incendios de Valencia; Mimizu, de Qubibi, NFT + impresión física. Charlas e paneis: Creative Synergy: Expanding Artistic Frontiers, con fxhash (Ciphrd, Bilge, Eliza SJ, Zancan; modera Aleksandra Art); Anthropocentrism: the Human Body in AI (Danielle King, Ganbrood, Ivona Tau; modera Kate Vass); obradoiro Undoing de Jacek Markusiewicz.
Ciudad de las Artes y las Ciencias · Valencia
2022
-
Xul. 2022
NFT Show Europe ’22 · Sutan, asesor e curador principal
Exposición Artificial Lifeforms: An Ode to Nature, con Zancan e Kim Asendorf entre os artistas. Charlas e paneis sobre arte e tecnoloxía, coa conferencia de Alexander Grasser, Blockchain + Architecture: the participatory capacities of NFTs, e as de arte con intelixencia artificial con Ganbrood, Jenni Pasanen, Sofia Crespo e Ivona Tau, pioneiros da arte con GAN, hoxe moi recoñecidos internacionalmente.
Ciudad de las Artes y las Ciencias · Valencia
2021
-
2021
A arte dixital entra no Faro
Sen ruptura: a mesma teima, con novas luces. Sutan incorpora a arte dixital ao proxecto e súmase jor ginho como curador sonoro.
Sarria
2019
2018
-
Que Facemos!? x O Meigallo · reapertura de tempada
Magosto ás 19:00, concerto de VULK ás 23:00 e foliada ás 00:00. Desde ese día, aberto as fins de semana.
O Meigallo · Sarria
-
O Meigallo · Noite Meiga 2018
Venres: Road Rats, Taninos Maduros, Viktor Flores. Sábado, Noite Meiga: cea, danza, Airiños da Freba, Louband. Domingo, Tardiña Meiga: obradoiro infantil, foliada e sesión vermú, festa da empanada; postos de artesanía e doces.
Parque do Chanto · Sarria
-
Verán 2018
Que Facemos!? x O Meigallo · tempada de terraza, noite tras noite
Un plan de verán que se converteu en algo máis serio: unha sucesión de noites na terraza con JAP4, The Narts, Jay, Dois, INDOMABLE, Pálida, Seda, David Perdomo, Modulador de Ondas, Esteban & Manuel, Gkahn + David Moreira, Jose Malaguita, Fonkid – Under The Ball, Tropical, BULTO, Bifannah, ONnlbn, Mou, Bruno Vhs, Voltem, Delirium, Roberto Lolo, PANTIS, Torso, The MoJo Experience, JMChan, Zero_One e Alex Ohmios, cos selectores da casa, Sutan e Ou Yi.
Terraza de O Meigallo · Sarria
-
Que Facemos!? x O Meigallo · Promising/Youngster, DJ Der, Pálida
Sutan (20:00), DJ Der, Promising/Youngster (live), Pálida (live) e sorpresa desde as 5:30. Entrada de balde, con cesto de achega voluntaria.
Terraza de O Meigallo · Sarria
-
Esmorga Fest
After do Esmorga Fest
A sesión de peche do festival, con Sutan aos pratos.
Sarria
-
2017–2018
Ciclos amigos
Apoio e difusión de CortaPega (Desconcierto Cultural, Santiago), Esmorga Fest, MUGAKO e WOS Festival.
Santiago de Compostela e outros
2017
2016
-
Festa de aniversario
Michael Morbius, Sutan, Ou Yi, Malayo, Lil'Turulo feat. Alex Modia. Free pass.
Ozone, Rías Baixas 5 · Sarria
-
DIAL x Que Facemos!?
Raär (GASP / House Plants / Baggal Daisy, Bélxica), inédito en España; Pálida (live); Mou, You_el, Psychodandy e Bruno VHS (DIAL); Sutan. Entrada con consumición, 10 €. Co colectivo DIAL.
El Pueblo Café Cultural · Ourense
-
Halloween · quecemento para o DIAL x Que Facemos!?
Con Juerga – Tropical: Alex Nite, Juan Chousa, Tottislaughtr, Toro, Ou Yi e Selected Client. De balde, de 17:00 a 00:00.
Matias Locanda Italiana · Sarria
-
Que Facemos!? · Abu Sou + Ivy Barkakati
Abu Sou, Ivy Barkakati. Desde as 00:00, 5 €.
Bongo Club · Sarria
-
Que Facemos!? Fest · primeiro festival
Damian Schwartz, Pálida (live), Torso (live), PANTIS (live), Disco Episcopal (live), Under The Ball: Fonkid, Erreome, Mateo Fixemberg, Sutan; DJ sorpresa Luis Miguel Zambrano Beitia. Son: Pablo «YomasYo». Anticipada 10 €, taquilla 12 €.
Bongo Club · Sarria
-
Que Facemos!? · Synth Alien, Alex Ohmios, Arch
Synth Alien (live), Alex Ohmios (Lanna Club), Aitor Arch (Femur Club, Madrid). Desde as 00:00, 5 €.
Bongo Club, Travesía das Rías Baixas 1 · Sarria
Cartel de temporada -
Que Facemos!? no Ozone
You_el, Sutan, Djuiz, Mou + Eythor. Free pass.
Ozone, Rías Baixas 5 · Sarria
-
Hardy Church · DJ Der + Funkforward
DJ Der e Funkforward (Bass Situation). 5 €.
Bongo Club, Travesía das Rías Baixas 1 · Sarria
-
Que Facemos!? #3
Gkahn (Semantica Records), Special Cinematic Mix Session; Radithor (Eclectic Reactions); Sutan (1st Clench). Cartel de Annita Rivera «Plástica»; promoción de Desconcierto Puntocom. 5 €.
Sarria
Deseño · Plástica -
Que Facemos #2 · noite de pista
Alfred Adler, Disco Episcopal, Salvatore Rosso (Salsa Golf), Don Herrán + Sutan. 5 €.
Bongo Club, Rías Baixas 20 · Sarria
2015
Antes da asociación
-
Maside
Maside Classy Days
Maside · Sarria
Nos medios
Q3 2025: Art on Tezos, Reflections
Tezos Commons · PHŌS_ Our Fire no NXT Festival
Daily curation: PHŌS_ Our Fire
Objkt · Instagram
El arte digital ilumina las noches de Sarria
El Progreso · Na Xanela
O colectivo Que Facemos!? participou nunha exhibición de arte dixital en París
El Progreso · INSILIO
A sinerxia entre arte e música en Sarria
El Progreso
El Ribela Fest de Sarria se supera
El Progreso · Ribela Love & Nature
Ribela Love & Nature reunirá a 40 artistas visuales los días 26 y 27
El Progreso
Nacho, de la asociación Que Facemos: «Queremos ofrecer cosas alternativas a la vecindad de Sarria»
SarriaXa · entrevista
El panóptico de la era digitalizada
El Progreso · PANOPTICON
Shaping Web3's Future: NFT Show Europe 2023
BeInCrypto · programa de charlas e artistas de NFTSE ’23
NFT Show Europe maps out the metaverse
The Cryptonomist · artistas de NFTSE ’22
Entrevista e podcast de Sutan en Oscuraw
Oscuraw
Que Facemos!? en El Progreso de Lugo
El Progreso · «AHÍ ESTÁN otra vez»


